14/11/2013

Juanlu, no curso de Monitor Deportivo de Burela

Juanlu, no curso de Monitor Deportivo de Burela
O técnico do Burela FS Pescados Rubén, Juan Luis Alonso, participou esta mañá no Curso de Monitor Deportivo que durante estes días se está impartindo no Centro Ocupacional do Concello de Burela.
No seu relatorio, “Metodoloxía de adestramento dentro nas escolas deportivas de iniciación ao fútbol sala”, Juanlu estivo acompañado polo preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera. Ambos os profesionais laranxas compartiron coñecementos e experiencias cos 15 alumnos/as do curso de formación para desempleados e o seu profesorado.
Nos próximos días, o devandito estudantado tamén recibirá a visita de representantes do Burela FS feminino, actual campión de Liga e Copa de España.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.