13/11/2013

Lidia e Peque, no cinco inicial da Vermella con vitoria ante Portugal (1-2)

Lidia e Peque, no cinco inicial da Vermella con vitoria ante Portugal (1-2)

As burelistas Lidia Mesías e Patricia González, Peque, formaron parte do quinteto inicial no envite de onte da Selección Española con Portugal (1-2), durante a concentración que o combinado de Venancio López está realizando nos Azores dende o domingo.



As españolas marcaron os tempos do partido. Ao final do primeiro período, Andrea Feijoo puxo de manifesto o dominio da Vermella de potente disparo dende fóra da área. No tramo final, Ceci, xa con Portugal optando polo xogo de cinco na busca do empate, aproveitou un rexeitamento para facer o 0-2 e coas lusas afanadas sobre a portería española chegaba o definitivo 1-2, obra de Melissa de punteirazo dende fóra da área escorado cara á ala.



O segundo e último encontro da concentración da Vermella nos Azores disputarase hoxe de novo con Portugal nas mesmas instalacións, en Angra do Heroismo, a partir das 21:30 horas (hora española).



Ficha técnica



Portugal (1): Natalina Silva,Inés Fernandez, Rita Martins, Ana Azevedo e Daniela Ferreira (quinteto inicial). Tamén xogaron Liliana Salema, Claudia Santos, Catia Morgado, Joana Meira, Melissa, Sofia Ferreira, Ana Catarina (segunda porteira), Sofia Vieira e Carla Vanessa
Seleccionador: Jorge Braz
España (2): Jennifer, Patri Chamorro, Lidia Mesías, Peque e Anita Luján (quinteto inicial). Tamén xogaron Bea Martín, Berta Velasco, Andrea Feijoo, Claudia Pons, Leti, Sara, Ceci, Silvia e Lucía Nespereira.
Seleccionador: Venancio López



Goles: 0-1, min. 20, Andrea Feijoo; 0-2, min. 39, Cecilia; 1-2, min. 40, Melissa



Pavillón Municipal de Angra do Heroismo. Colexiados, Mário Silva, Sérgio Silva e Filipe Ferreira, de Portugal. Encontro amigable con motivo da preparación do IV Torneo Mundial.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.