Actualidade
08/11/2013
Descanso laranxa en Primeira LNFS
O Burela FS Pescados Rubén gozará esta fin de semana da xornada de descanso de Primeira División LNFS. Dende a sexta praza, con 14 puntos, o cadro de Juanlu contemplará os movementos da décima cita da competición.
Tras a vitoria dos dezaseisavos da Copa do Rei, o martes en Melilla (1-2), o cadro mariñán tomou uns días de descanso; retomará os adestramentos o luns.
Colegios Arenas Gran Canaria será o próximo rival dos laranxas, que recibirán os insulares en Vista Alegre o sábado 16, ás 18.30 horas.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas