26/10/2013

Festival de goles

O Burela Pescados Rubén golea con facilidade (7-0) ao AE Vallirana, colista da categoría, e comparte liderado co Atlético de Madrid con 16 puntos.
Festival de goles
O encontro confirmou a diferenza entre ambas escuadras. O Vallirana, debutante na categoría, encaixou no primeiro minuto o 1-0, marcado por Peque. O dominio laranxa era indiscutible pero o segundo tanto resistíase, as catalás desperdiciaron unha gran ocasión a porta baleira e acto seguido chegou o 2-0, tamén materializado por Peque. Con este resultado chegouse ao intermedio e na segunda parte, o primeiro minuto liquidou calquera atisbo de sorpresa. Bea Mateos e Maite sentenciaron o duelo situando o 4-0 que deixou sen reacción ás visitantes. A única emoción era saber o resultado final e a contundente vitoria por 7-0 completouse cos goles de Maite, Claudia e Lara. Fundación Deporte Galego. O encontro entre galegas e catalás, correspondente á sexta xornada da Primeira División, foi presenciado no palco de Vista Alegre polo Xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia –cinco inicial- Lara, Claudia, Jozi, Silvia, Cristina. AE Vallirana: Judith, Mire, Clara, Cani, Carlins –cinco inicial- María, Marlins, Nere, Xeni, Sutton. Goles: 1-0, m.1, Peque; 2-0, m.14, Peque; 3-0, m.21, Bea Mateos; 4-0, m.21, Maite; 5-0, m.23, Maite; 6-0, m.30, Claudia; 7-0, m.38, Lara. Incidencias: Partido disputado en el pabellón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.