25/10/2013

As laranxas reciben o pechacancelas en Vista Alegre

As laranxas reciben o pechacancelas en Vista Alegre

O Burela FS Pescados Rubén defenderá mañá o coliderado, en lide co Atlético de Madrid, coa visita do pechacancelas, o novel Associació Esportiva Vallirana. A sexta xornada de Primeira División RFEF arrancará ás 18.30 horas.



O Vallirana chega á Mariña como farol vermello con tres puntos, empatado con Valdetires e Lacturale Orvina; precisamente foi fronte ás ferrolás, na terceira xornada, cando se fixo cos tres puntos (3-2). Dende entón encadea as derrotas ante Cidade das Burgas (4-1) e UA Alicante (2-6).



“É un rival ao que lle está custando a adaptación, pero traballa ben, con pundonor e dispón dunha contra rápida” reflexionaba o técnico burelista, Quico Otero, marcando as pautas adecuadas para as súas pupilas: “Debemos ter a concentración necesaria para manternos nesta dinámica, que é a correcta, traballando con humildade, crendo no sistema e gañando confianza para intentar ir mellorando partido a partido” sentenciaba o adestrador.



Quico Otero cumprirá o segundo dos tres partidos cos que foi sancionado en Alicante. O banco laranxa disporá de todos os efectivos na convocatoria de mañá.



Galicia Sub-21. O seleccionador Manuel Castillo reclamou a presenza de Lara, Paula e Silvia para comezar a preparación do Nacional; a primeira sesión será o vindeiro martes, 29 de outubro, no pavillón compostelán de Pontepedriña, ás 21.00 horas. Completan esta lista inicial Adriana Rodríguez, Raquel Rodríguez e Sara Vázquez, do Leis Pontevedra FS; Alejandra de Paz e Diana Díaz, de Valdetires Ferrol FS; Belén Feal e Irene Caneiro, da Fervenza FSF; Eva Lema, de Fisober FSF; Ana María Fragueiro, Claudia Martínez, María Carmen Pérez e Mar Fernández, do Poio FSF; Ana Rivera e Dana Campelo, do Ponte Ourense; Ana López, Vanesa Sotelo e María Arias, do Cidade das Burgas; e Cruz Sánchez, do Viaxes Amarelle.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.