23/10/2013

Marcela non continuará vinculada ás filas laranxas

Marcela non continuará vinculada ás filas laranxas

A ala brasileira Marcela Nascimento Leandro non continuará vinculada ás filas do CD Burela FS Pescados Rubén. Así llo comunicou a comezos desta semana o club laranxa á xogadora que chegou á Mariña en agosto, despois de esgotarse o período inicial de adaptación pactado entre ambas as partes.



A entidade laranxa agradece o esforzo e dedicación da deportista por integrarse na dinámica do equipo e lamenta profundamenta que a súa continuidade en Burela non puidese frutificar.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.