19/10/2013

Suma e segue: Viaxes Amarelle 1- 4 Burela FS

Suma e segue: Viaxes Amarelle 1- 4 Burela FS

O Burela FS Pescados Rubén segue sumando. O seu terceiro derbi galego tampouco se lle resistiu; impúxose ao Viaxes Amarelle (1-4) tomando a iniciativa desde o comezo e sen poñer en perigo en ningún momento o marcador. As laranxas fixeron os deberes; agora deben esperar a mañá para saber como queda o liderado, co resultado de mañá entre o Atlético de Madrid, o segundo en discordia, e o Valdetires (12.15 horas).



 As pupilas de Quico Otero fixéronse donas do encontro desde o asubío inicial, aínda que con algunhas dúbidas; imprecisións na saída do balón provocaron algún que outro contraataque das locais, que frearon sen maior complicación as burelistas. Co paso dos minutos, gañaron en circulación e orde, co premio do gol de Peque, que entrou no minuto 7, nun falso pase da madrileña a Claudia, na área, que deixou pasar a pelota desorientando a meta coruñesa. Certo nerviosismo apoderouse das filas mariñás tras o primeiro tanto, nerviosismo disipado por Lidia no minuto 19, que conseguiu introducir o esférico desde xogada de esquina, tras unha tentativa desafortuna de Lucía Nespereira por despexar.



 Na segunda parte, volveron á pista as burelistas con máis tranquilidade, apoiadas pola vantaxe de 0-2 no luminoso. Resistiuse, pero ao fin chegou o 0-3, no minuto 27, en parede de Maite con Peque, que aproveitou un balón escorado ao bordo da área. O gol do honor para as locais foi autoría de Lucía Gómez encaixando pola escuadra unha falta indirecta ao bordo da área (minuto 29). A falta de sete minutos, o Amarelle optou por porteira xogadora sen éxito para crear ocasións. Bea Mateos subiu o definitivo 1-4, no 33, a porta baleira desde o campo laranxa.



 Ficha técnica



 Viaxes Amarelle: Paula Pérez, Dolo, Lucía Lago, Lucía Nespereira e Sheila, cinco inicial; tamén xogaron Laura, Lucía Gómez, María, María Gómez, Cruz



 Burela FS Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Maite, Peque e Lidia , quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara



 Goles: 0-1, minuto 7, Peque; 0-2, minuto 19, Lidia; 0-3, minuto 27, Peque; 1-3, minuto 29, Lucía Gómez, 1-4, minuto 33, Bea Mateos



 Árbitros: José Ángel Vilas // Julio de la Iglesia (Santiago)



 Tarxetas: Por Amarelle amarelas a Laura e Lucía Gómez. Por Burela FS, a Maite (minuto 30) e Bea (minuto 4)



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.