07/10/2013

Derrota do Burela Pescados Rubén B por 1-3 ante o Troula Betanzos

Derrota do Burela Pescados Rubén B por 1-3 ante o Troula Betanzos

O Burela Pescados Rubén B caeu derrotado por 1-3 en Vista Alegre ante o Troula Betanzos, na segunda xornada da Terceira División. O conxunto dirixido por Lucas iniciou o duelo enchufado pero o tanto de estratexia de Óscar, minuto 4, cortou bo arranque burelense. O 0-1 reforzou a idea orixinal do Troula que se dedicou a esperar e buscar o contragolpe ante un Burela B que dominou pero non foi capaz de igualar ao descanso.



Na continuación os laranxas incrementaron o seu dominio e Pancho fixo xustiza logrando o empate 1-1, minuto 30. Os bureleses gozaron de ocasións para adiantarse pero, unha vez máis a estratexia penalizou o cadro local. Alan cazou un balón ao segundo pau tras saque de esquina e subiu o 1-2 ao electrónico, a tres minutos do final. Os mariñáns buscaron denodadamente o empate co meta Javi xogando de cinco pero foi o Troula quen, desde propia pista, sentenciou por mediación de Iago Socastro logrando o 1-3 definitivo.



Ficha técnica



Burela Pescados Rubén B: Brais, Manu, Carlitos, Keko, Alemán -cinco inicial- Aitor, Xoel, Pancho, Hélder, Javi.



Troula Betanzos: Nicolás, Óscar, Iago Socastro, Iván, Felipe -cinco inicial- Rubén, Lorenzo, Alan, Manuel, Fernando.



Goles: 0-1, m.4, Óscar; 1-1, m.30, Pancho; 1-2, m.37, Alan; 1-3, m.38, Iago Socastro.



Árbitros: Rivas Fouz, Menéndez Nistal (Viveiro)

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.