04/10/2013

Duelo galego en Vista Alegre

Duelo galego en Vista Alegre

A familia laranxa está de festexo, de festexo galego. Tras o emocionantísimo derbi desta noite, Akzar Lugo FS-Burela FS Pescados Rubén (Primeira LNFS), Vista Alegre lucirá as súas mellores galas mañá para celebrar o primeiro dos cinco duelos do fútbol sala irmandiño que terá o privilexio de acoller en  Primeira RFEF 2013-14. A escuadra de Quico Otero recibirá o Cidade das Burgas, ás 18.30 horas, na terceira xornada.



O Burela FS Pescados Rubén pelexará por conseguir o primeiro triunfo na casa, tras a estrea con empate fronte ao Soto del Real (1-1), nunha cita moi especial. Con 4 puntos, 1 máis que as visitantes, as laranxas deberán medirse a un bloque que, baixo as directrices de Manolo Codeso, aposta por unha liña continuísta, moi amplo e con grandes incorporacións como a porteira Noelia Palacios e a pivote Vanessa Sotelo, do Ponte Ourense, ou a prometedora ala Candela Soria.



“O máis importante é ter continuidade no xogo e ir mellorando pouco a pouco para asentarnos na zona alta e poder optar a todo” explicaba Quico Otero, advertindo da perigosidade do rival: “Debemos ter especial coidado non só polas connotacións que sempre carrexan os derbis, senón tamén porque o Cidade chegará con moitas ganas despois de conseguir impoñerse na casa a un dos candidatos a estar nos postos de arriba, o UA Alicante (5-3)”.



Ambas os cadros xa puideron gozar de compromisos galegos, a domicilio, as ourensás co Viaxes Amarelle (1-0) e as mariñás co Valdetires Ferrol (2-4).



Quico Otero aínda non poderá dispoñer de Jozi, Paula nin Marcela para esta cita.




Terceira División



O Burela FS B presentarase na súa segunda tempada en Terceira tamén mañá na bomboneira. Disputará a segunda xornada coa visita do novel Troula FS Betanzos, ás 16.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.