02/10/2013

O Ximnasio Breogán reafirma o seu compromiso co CD Burela FS

O Ximnasio Breogán reafirma o seu compromiso co CD Burela FS
O Ximnasio Breogán vén de reafirmar o compromiso que mantén co CD Burela FS Pescados Rubén dende hai case unha década. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, desprazouse onte ata o centro deportivo da localidade burelá para formalizar a renovación do convenio co seu xerente, Alberto Prado, e agradecer unha tempada máis “a valiosa axuda que supón para os nosos deportistas poder gozar dunhas instalacións de calidade nas que reforzar o traballo semanal que desenvolven sobre a pista”. O Ximnasio Breogán, situado na rúa Álvaro Cunqueiro, número 1, contribúe á preparación dos equipos de Primeira División LNFS e RFEF do Burela FS cedendo o uso de toda a súa infraestrutura tanto en pretempada coma ao longo de toda a competición ligueira, cunhas instalacións de máis de 200 metros cadrados. O establecemento deportivo dispón dunha ampla oferta de servizos, entre os que destacan actividades con aeróbic, step, batuka, bailes de salón, danza oriental, sauna, kick boxing, musculación e cardio. Máis información en www.ximnasiobreogan.com.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.