01/10/2013

Arrancan Nacional Xuvenil e Autonómica para as xoias laranxas

Arrancan Nacional Xuvenil e Autonómica para as xoias laranxas

As xoias do Burela FS Pescados Rubén estrearanse esta fin de semana en tres das competicións que lles depararán moitas ledicias no curso 2013-14. A Liga Nacional Xuvenil arrancará na casa, en Vista Alegre, o domingo coa visita do Noia FS (12.30 horas), mentres que Autonómica Cadete e Infantil o farán lonxe, o sábado; os primeiros desprazaranse á pista do Hércules Coruña FS (Os Rosais, 17.30 horas) e os segundos visitarán o ADC Lumieira en Lugo (Casa do Deporte, 16.15 horas).

Erik, Pancho, Aitor, Isaac, Rubén, Hélder, Alemán, Anes, Rafa, Miguel Márquez, Marcos, Jorge, García, Riveiro, Borja, Renato, Sanjurjo, Richy e Cora compoñerán o cadro xuvenil, que estará dirixido por Christian G. Fustes, coa axuda de Mario Pillado, como segundo, Brenan Rivas, como preparador físico, e Benito Repiso, como auxiliar. Os burelistas prolongarán a liga ata o 2 de febreiro de 2014, en catorce xornadas con oito equipos; xunto aos noieses, tamén competirán co O Esteo FS e Santiago Futsal, da provincia coruñesa; e Vilalba FS, ao que veñen de vencer en dous amigables (3-6 e 10-0) e Prone Lugo FS; ademais de ADFS Bueu e IES Coruxo, de Pontevedra.

 

Calendario Liga Nacional Xuvenil

 

Baixo as directrices do mesmo corpo técnico, o equipo cadete estará integrado por Vilariño, Mamadou, Mini, David, Aleixo, Jordan, Aitor, Chiky, Aarón, Noé, Kaká, Xosé, Noé e Labayén. Un total de 16 clubs participarán na competición de Autonómica Cadete ata o 10 de maio de 2014, en 30 xornadas; con herculinos e laranxas mediranse ED Vigo 2015, Maren O Parrulo Ferrol FS, ADFS Bueu, Troula Betanzos FS, Azkar Lugo FS, Concello de Vigo IES Coruxo, Colegio Liceo, Peña Españolista Sarria Futsal, Santiago Futsal, Concello de Guitiriz Autos Muíños, Cidade de Narón Futsal, Leis Pontevedra FS, EDC Verín e CP Casás.

 

Calendario Liga Autonómica Cadete

 

O calendario de Autonómica Infantil distribuirase de forma paralela ao cadete, con 13 equipos: Vigo 2015 FS, O Parrulo Ferrol FS, Os Meigallos FS, Troula Betanzos FS, Azkar Lugo FS, Concello de Vigo IES Coruxo, Colegio Liceo, Peña Españolista Sarria Futsal, Santiago Futsal, Cidade de Narón Futsal e CD Mare Nosturm FS, ademais do Lumieira e da ED Burela FS. Carlos Moreno asumirá a formación de José Luis, Luismi, Sergio, Daniel, Rubén, Domingos, Álvaro Suárez, Adilson, Luka, Néstor, Óscar, Bruno, Yeremay, Renato, Aarón, Diego, Aitor e Víctor; Santiago Artime e Manuel Blanco colaborarán como delegados e Christian G. Fustes como auxiliar.

 

Calendario Liga Autonómica Infantil

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.