Actualidade
A Marea prepárase para asolagar Lugo
A fiel marea que sempre arroupa o Burela FS Pescados Rubén, prepárase para asolagar Lugo, capitaneada pola Pataca Naranxa. A peña acompañará o equipo de Juanlu no primeiro derbi galego de Primeira LNFS 2013-14, o venres 4 de outubro, no municipal da cidade amurallada (21.00 horas).
Ata o xoves 3 de outubro todos os socios/as da Pataca poderán apuntarse para o desprazamento no número de teléfono 607 74 87 86; o custo da viaxe, coa entrada para o partido e bocadillo, será de 10 euros. O resto das persoas interesadas poderán inscribirse no caso de que queden prazas libres.
O autobús partirá ás 19.00 horas da cafetería Vista Alegre, ao lado da estación de servizo, e regresará ao finalizar o encontro.
Sube a bordo
Coincidindo co gran duelo provincial, a peña burelista vén de lanzar a campaña de socios/as 2013-14 baixo o lema ‘Sube a Bordo’, para animar aos afeccionados/as a embarcarse á festa do fútbol sala cun colectivo que, dende 2004, ateiga Vista Alegre e percorre os pavillóns de España facendo gala do sentimento laranxa.
Youtube: Sube a bordo
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas