30/09/2013

Meritorio empate do Burela FS na dura pista compostelá (2-2)

Meritorio empate do Burela FS na dura pista compostelá (2-2)

O Burela FS Pescados Rubén B regresou da capital galega cun meritorio empate no inicio de Terceira División 2013-14. A escuadra de Iván Cao ‘Lucas’ conseguiu un valioso punto na primeira xornada, na casa dun dos grandes favoritos, o Santiago Futsal B (2-2).



Os laranxas tiveron que pelexar contra o electrónico. O Burela FS B soubo reaccionar á iniciativa goleadora dos locais, co 1-1 de Hélder; no entanto,  a escasos segundos para o descanso, os composteláns volveron tomar a iniciativa no luminoso (2-1). Na recta final, un dobre penalti de Manu Jiménez outorgoulles a igualada aos burelistas.



Estrea en Vista Alegre



O cadro de Lucas presentarase ante a afección mariñá este sábado, 5 de outubro; recibirá o Troula FS en Vista Alegre, ás 16.00 horas.




Ficha técnica



Santiago Futsal: Cinco inicial, Santi Valladares (1), Marcos, Álex, Marcos e Ricardo; tamén xogaron Simón, Daniel, Fidel (1), Pablo, Sergio, Gabriel e Fran



CD Burela FS Pescados Rubén B: Cinco inicial, Javi, Manu (1), Carlos, Antón González e Alemán; tamén xogaron Xoel, Antón Couto, Pancho, Hélder (1), Aitor e Keko.



Árbitros: Valentín Presedo e Julio de la Iglesia (Delegación de Santiago). Tarxetas amarelas a Ricardo e Fran, por Santiago, e a Manu e Alemán, por Burela. Vermella ao compostelán Simón e ao mariñán Antón Couto.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.