04/09/2013

O Burela conquista o I Trofeo Vila de Cedeira

O Burela conquista o I Trofeo Vila de Cedeira

O Burela FS Pescados Rubén conquistou o I Trofeo Vila de Cedeira tras derrotar por 2-3 ao Parrulo FS. A escuadra dirixida por Juanlu tivo que aplicarse para remontar un sorprendente 2-0 que os ferrolanos lograron por mediación de Jacobo e Isma. Os mariñanos comezaron a desperezarse no tramo final do primeiro periodo con Matamoros como protagonista. O puñal laranxa recortou diferenzas e estableceu o empate (2-2) ao transformar un doblepenalti ás portas do descanso.



 



Na continuación, os departamentais mantiveron o seu nivel competitivo pero a súa presenza ofensiva mermaba co paso dos minutos ante o cambio de ritmo imposto polos bureleses. As mellores ocasións eran do Burela pero a escasa eficacia no remate impedía desnivelar a contenda ata que Christian culminou unha excelente combinación para establecer o 2-3 final.



 



Desafío Star Center. A preparación laranxa continúa o venres 6 en Santiago de Compostela para disputar o Desafío Star Center con tres rivais que verá en liga, Santiago Futsal, Colexios Areas Gran Canaria e H. Llevant Manacor. As semifinais enfrontarán no multiúsos Fontes do Sar a mariñanos e baleares (19.00 horas) e despois a compostelanos e canarios (21.00); o sábado decidirase o ganador entre os vencedores (20.30 horas), precedido da loita polo terceiro e cuarto posto (18.30 horas).



 



Ficha técnica



 



Parrulo FS: Canoli, Pardo, Víctor, Jacobo, Borja –cinco inicial- Isma, Bebeto e Óscar.



 



Burela FS Pescados Rubén: Alex, Mimi, Iago Míguez, Christian, Jorge –cinco inicial- David, Juanma, Matamoros, Antoñito, Edu, Carlitos e Isma.



 



Goles: 1-0, m.7, Jacobo; 2-0, m.13, Isma; 2-1, m.18, Matamoros; 2-2, m.20, Matamoros; 3-2, m.37, Christian.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.