28/08/2013

Joma, spónsor técnico oficial del CD Burela FS Pescados Rubén

Joma, spónsor técnico oficial del CD Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén continúa unha tempada máis con Joma como Spónsor Técnico Oficial a través de Living Sport. O conxunto mariñán lucirá por terceira campaña as equipacións da marca española. Joma está considerada como unha das marcas de referencia do deporte nacional e cada vez conta con maior recoñecemento e presenza internacional. As novas equipacións do CD Burela FS Pescados Rubén estarán á venda a partir do 2 de setembro na sé da entidade burelesa situada na Avenida Arcadio Pardiñas nº 91. Amigable. O equipo masculino xoga o xoves día 29 o Memorial Coto Ferreiro da Estrada, cuadrangular que disputarán co conxunto anfitrión, Vasan-Cubik A Estrada, Santiago Futsal e Azkar Lugo. Os laranxas abrirán o torneo contra o conxunto estradense ás 20.30 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.