27/08/2013

Burela, sede dos cursos de Adestrador de Fútbol Sala

Burela, sede dos cursos de Adestrador de Fútbol Sala

Burela será berce da formación en fútbol sala en 2013-14. A vila mariñá acollerá tres cursos federativos convocados pola Federación Galega de Fútbol, baixo o amparo da Real Federación Española, o de Instrutor de Fútbol Sala Base Nivel 1, o de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2 e o de Adestrador Nacional de Fútbol Sala Nivel 3.



O prazo de inscrición e matrícula (Bases e Documentación adxuntas) estará aberto ata o 20 de outubro (probas de acceso) e 1 de novembro (matrícula) no Nivel 1; o 21 de outubro no Nivel 2 e o 4 de novembro no Nivel 3.



Despois de dous anos albergando o ciclo de Instrutor, o IES Monte Castelo terá o privilexio de ampliar a oferta en 2013-14, incluíndo a formación de Adestrador Territorial e Adestrador Nacional, un privilexio que tan só compartirá neste curso coa cidade da Coruña.



No caso de que o número de alumnos sexa inferior a 15, nos niveis 1 e 2, ou 20, no nivel 3, o estudantado afectado poderá incorporarse ao grupo doutra escola ou solicitar a devolución do ingreso de matrícula.



PARA MÁS INFORMACIÓN CONTACTEN CON ALFONSO MERA (670321857)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.