26/08/2013

Os laranxas, campións en Tapia e Trabada

Os laranxas, campións en Tapia e Trabada

O Burela FS Pescados Rubén conseguiu pleno esta fin de semana ante dous rivais de Primeira. Os laranxas proclámaronse campións ante o Azkar Lugo (1-2) no Torneo Ayuntamiento de Tapia, o venres, e sobre o Santiago Futsal (2-2) cos penaltis no Memorial Celso Currás de Trabada, o sábado.



Fronte aos transportistas, nun encontro igualado, Iago Míguez aproveitou un rexeitamento para bater a Balsa. Con oportunidades por ambos os lados,  Jandri a cinco minutos para o descanso subiu o empate para o Akzar. O dominio mariñán deixouse ver no comezo do segundo tempo. Os lugueses intentaron aproveitar a superioridade numérica xerando perigo tras expulsión de Matamoros a oito minutos para o final, por dobre amarela. Xa con cinco na pista, o Burela FS adiantou en contraataque  co 1-2 de Mimi (minuto 34). A falta de 2 minutos para o final, o Azkar optou por porteiro-xogador sen conseguir froitos.



En Trabada, os laranxas tamén conseguiron adiantarse no electrónico. O Burela FS quixo levar o peso do partido e xa no minuto 5 Hugo superou a Raúl, nunha perda en primeira liña. O empate coouse no minuto 12, nun lanzamento de Palomeque que chocou na defensa mariñá. Rozando o descanso, Matamoros deulle o 2-1 ao Burela FS de penalti. O cadro de Juanlu atreveuse sobre a portería de Raúl no segundo período, aínda que sen éxito. Despois de conseguir defender en inferioridade, a cinco minutos para o final, o Santiago Futsal empatou, con Diego Quintela. A vitoria dos burelistas puido estar na recta final, nun dobre penalti de Juanma, pero houbo que agardar á rolda de penaltis, que culminou Álex, á décima.



 



Próximas citas. Os mariñáns volverán verse as caras con transportistas e composteláns este xoves, no Memorial Manuel Coto Ferreiro da Estrada; a cita cuadrangular, que reunirá os tres galegos de Primeira e o conxunto anfitrión (Terceira División), arrincará ás 20.30 horas. Dous días despois, o sábado 31, Vista Alegre acollerá a posta de gala da escuadra de Juanlu coa visita do Inter Movistar (20.30 horas).



 



 



Azkar Lugo FS 1-2 Burela FS



Azkar Lugo: Yago Balsa, Iago Rodríguez, Antonio Diz, Jandri e Diego, no cinco inicial; tamén xogaron Óscar Iglesias, Cuco, Aranburu, Chano, José López e Zala



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Hugo, Carlitos e Jorge, no cinco inicial; tamén xogaron Mimi, Iago Míguez, Juanma, Matamoros, Christian, Antoñito e Álex



Goles: 0-1, minuto 6, Iago Míguez; 1-1, minuto 15, Jandri; 1-2, minuto 34, Mimi



 



Burela FS 2-2 Santiago Futsal



Burela FS: Álex, Iago Míguez, Isi, Hugo y Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Juanma, Christian, Antoñito, Ismael, Alemán e Edu



Santiago Futsal: Raúl, Lucho, Diego Quintela, David e David Pazos, no cinco inicial; tamén xogaron Barroso, Palomeque, Eloy, Santi, Tallón e Chus



Goles: 1-0, minuto 5, Hugo; 1-1, minuto 12, Tallón; 2-1, minuto 20, Matamoros (penalti); 2-2, minuto 35, Quintela



Penaltis: Palomeque (gol), Juanma (gol), Lucho (gol), Antoñito (gol), Barroso (gol), Christian (erro), Chus (erro), Iago Míguez (gol), David (gol), Isi (gol), Eloy Rojas (gol), Hugo (gol), Diego Quintela (gol), Alemán (gol), Santi (gol), Ismael (gol), Pablo Tallón (fóra), Edu (fuera), Raúl (fóra) Álex (gol)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.