22/08/2013

O Celso Currás de Trabada lucirá con dobre representación laranxa

O Celso Currás de Trabada lucirá con dobre representación laranxa

O Concello de Trabada presentou esta mañá o IX Memorial Celso Currás, que lucirá este sábado, 24 de agosto, dobre representación do CD Burela FS Pescados Rubén. Xunto ao alcalde, José Manuel Yanes Ginzo, estiveron o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero Méndez, e os directivos laranxas Audítor Rodríguez Lombardía e José Ángel Dovale Gradaílle.



Como cita xa tradicional na pretempada do equipo laranxa masculino, nesta edición o Memorial tamén contará coa presenza das actuais campioas de Liga e de Copa de España, unha cita que rende homenaxe á figura de Celso Currás López, fillo adoptivo do municipio mariñán. O pavillón municipal de Trabada marcará o comezo dunha espectacular tarde de fútbol sala ás 18.30 horas co primeiro dos duelos galegos de elite entre o Burela FS e o Ponte Ourense representando a Primeira División RFEF; ás 20.30 horas, saltarán á pista Burela FS e Santiago Futsal, de Primeira LNFS.



O prezo da entrada será de 5 euros para maiores de 14 anos e para o resto do público será gratuíto.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.