16/08/2013

Primeiros amigables para o Horizonte Laranxa 2013-14

Primeiros amigables para o Horizonte Laranxa 2013-14

Na súa segunda semana de preparación, a engrenaxe laranxa saltará á pista mañá para disputar o primeiro amigable da pretempada 2013-14. O I Memorial Francisco Javier González Vázquez de Vilalba reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o anfitrión, de Terceira División, con fins benéficos (19.00 horas, pavillón municipal).



Media hora antes, ás 18.30 horas, o cadro de Quico Otero tamén gozará da primeira proba de pretempada no pavillón coruñés da Sagrada Familia, medíndose ao tamén honorable Viaxes Amarelle, que vén de incorporar nas súas filas as ex–burelistas Dolo e Lucía Nespereira.



Copa Galicia



Antes do comezo ligueiro, as xogadoras laranxas tamén terán que internarse no periplo da XXIII Copa Galicia co Poio FS, tamén de Primeira División, e Comarcal A Fervenza, de Segunda, como rivais no Grupo B; o A estará composto por Ponte Ourense, Leis Pontevedra, O Montiño Mos e Valdetires Ferrol, e no C competirán Cidade das Burgas, Viaxes Amarelle, Fisober e Funeraria Apóstol. Na primeira eliminatoria, que se poderá disputar ata o 15 de setembro (a unha volta), clasificaranse para semifinais os campións de grupo e o mellor segundo dos grupos de catro.



O cadro de Juanlu, pola súa banda, terá que agardar polo seu rival en cuartos de final, previstos para comezos de novembro, xunto a Santiago Futsal, Azkar Lugo FS e Noia FS. Pelexarán por quedar entre os dous primeiros de grupo e así gañarse a presenza na segunda eliminatoria O Parrulo FS, Pazos de Borbén, Talleres ABC Vigo e Troula FS, no Grupo A, e Cidade de Narón, O Esteo, Concello de Mos e CP Casás, no Grupo B.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.