13/08/2013

Galipizza&Cia patrocinador do equipo campión

O CD Burela FS Pescados Rubén e Galipizza&Cia asocian a súa imaxe co patrocinio do equipo femenino, actual campión de Liga e Copa da Primeira División da RFEF.
Galipizza&Cia patrocinador do equipo campión

O presidente do club burelés, Manuel Blanco, e o xerente de Pizzbur Franquicias, José Manuel Vázquez, selaron o acordo nas oficinas da entidade laranxa e presentaron a equipación da nova tempada. Manuel Blanco agradeceu o compromiso “co deporte de José Manuel Vázquez e a súa aposta polo equipo femenino que exercerá de embaixador da famosa Galipizza”.



 



Pola súa parte, José Manuel Vázquez comentou que “é un orgullo colaborar con unha entidade coma o CD Burela FS Pescados Rubén que representa fantásticamente A Mariña por toda España. Consideramos que, nestes momentos, o equipo femenino é o soporte publicitario idóneo para Galipizza. Estamos en fase de expansión e sumarnos a este proxecto reforzará a nosa imaxe de marca, sen dúbida.”



 



Galipizza&Cia. Desde A Mariña, con sede en Viveiro e Ribadeo, Galipizza comezou a súa expansión coa súa nova casa en Culleredo (A Coruña), que recibiu con fervor e entusiasmo esta nova e deliciosa visión da pizza. Galipizza basa o seu éxito na calidade da materia prima de Galicia, para fusionala con novos productos presentando sabores orixinais que demostran a variedade e riqueza dos productos autóctonos. Descubre o mundo da auténtica pizza galega en www.galipizza.com

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.