23/05/2013

Desafío madrugador para a Copa de España Bilbao 2013

Desafío madrugador para a Copa de España Bilbao 2013

A escuadra laranxa terá que ser moi madrugadora para o seu próximo desafío. O equipo de Pardeiro inaugurará mañá a Copa de España Bilbao 2013 (24, 25 e 26 de maio) en La Casilla protagonizando o primeiro duelo (10.15 horas), fronte ao Soto del Real, oitavo clasificado na liga.



A expedición do Burela FS Pescados Rubén ao completo partiu hoxe ás 13.30 horas, con rumbo ao hotel Abba Parque de Bilbao. Para as 20.30 está prevista a xuntanza técnica. Unha hora máis tarde a organización reunirá a institucións vascas e representantes dos equipos participantes na cea oficial.



Despois da éxtase de proclamarse campión de liga, o equipo de Pardeiro afronta este novo compromiso con ilusión e, sobre todo, cos pés na terra para seguir intentando mellorar. Como primeiro rival, terá ao Soto del Real, que volve á Copa especialmente motivado tras sete anos de ausencia.



A segunda semifinal, Atlético de Madrid Navalcarnero-Gironella (partido B), será ás 12.30. Ás 17.30 mediranse Ciudad de Alcorcón e Orvina, de onde sairá o inimigo para semifinais (sábado, 17.00) das laranxas, no caso de saír vitoriosas. UA Alicante e Valladolid FS (partido D) terán o primeiro cruzamento ás 20.00 horas. A segunda semifinal (B-D) será o sábado ás 19.15 horas. O domingo a loita polo título arrancará ás 12.30 horas.



Esta será a cuarta participación das burelistas na cita copeira. En 2010, estreáronse en Ourense cun complicadísimo encontro en cuartos ante o Femesala Elche (6-2). Como anfitrioas, en 2011, conseguiron o billete para as semifinais tras vencer o Cajasur Córdoba (4-3); no seguinte chanzo o resultado foi para o Móstoles (2-1). O ano pasado en Valladolid volveron superar os cuartos ante as andaluzas (7-3) e frearon en semis co Atlético de Madrid Navalcarnero (4-0).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.