16/05/2013

Semifinais copeiras para Terceira e Xuvenil

Semifinais copeiras para Terceira e Xuvenil

A actividade competitiva dos laranxas centrarase esta semana nas semifinais copeiras para a Terceira División e Nacional Xuvenil. Ambos os compromisos disputaranse coincidindo co Día das Letras Galegas.



 



O equipo xuvenil visitará mañá a pista do ADFS Bueu no encontro de ida, ás 12.00 horas (municipal de Bueu). Despois de impoñerse en Vista Alegre por 2-0 ao Pizzbur Cidade de Viveiro FS, con goles de Bruno e Antón, o Burela FS B xogará a semifinal de volta ás 18.00 horas, no municipal da vila do Landro.



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.