13/05/2013

O triunfo da igualdade

O demiúrgo e as súas cazadoras de soños enviaron unha mensaxe directa, contundente e esperanzadora que iluminou Burela dun laranxa vital con destino ao mundo e a eternidade. Don Javier Pardeiro Casabella e Don Alfonso Mera Río, guías maxist
O triunfo da igualdade

O valor da derrota e a vitoria, da alegría e a tristeza, o valor da constancia, o compromiso… Grandes conquistas, sen dúbida, superadas pola normalidade da mirada dun neno; ilusionada e desbordante de admiración e igualdade cara a unhas mulleres que xogan ao Fútbol Sala; porque lles gusta, porque lles peta, porque lles dá a gana.



 



A mensaxe viaxa directa dende o paraíso para o mundo. Coa forza natural do seu mar e coas súas voces nas redes dispostas a continuar a batalla contra a ignorancia a través do deporte, peregrino emisario de valores; saúde, lecer, intregación, igualdade, educación, compromiso, esforzo… que resiste tenazmente o seu escaso recoñecemento. As súas xestas diarias propiciaron unha convocatoria masiva de seguidores que incrementou a intensidade do seu altofalante para defender o paso das Termópilas.



 



Vivindo moitas xornadas segretas ata decidir os elixidos para o combate final, a hora chegara: só podía quedar un. CD Burela FS Pescados Rubén ou Atlético de Madrid Navalcarnero. A aldea gala contra o imperio romano. E o 11 de maio de 2013, os romanos visitaron Gallaecia. Vista Alegre asolagouse de ilusión e esperanza, privilexiados de presenciar in situ na Mariña Lucense un espectáculo deportivo, protagonizado por elas para todos os que se atrevan a escoitar.
 
O desafío era enorme, pero dende o asubío inicial escoitouse con nitidez a voz da ilusión, da determinación e do sacrificio das guerreiras laranxas que avanzaron sen dubidar cara á coroa. As madrileñas defenderon con orgullo o seu reinado pero foron destronadas (5-1) por unha marea laranxa que multiplicou as súas ondas ata converter A Bomboneira nun tsunami de xúbilo e proclamar o CD Burela FS Pescados Rubén como Campión de Liga de Primeira División.




Unha fazaña sen precedentes provinciais que eleva as súas protagonistas á categoría de lenda. Dezaseis almas, arroupadas polo ronsel doutras moitas.




JOZI, DANY, LIDI, DOLO, SILVIA, PEQUE, HAYDÉE, LARA, PATRI, LUCÍA, MAITE, PAULA, PARDEIRO, MERA, LOLA e RAMÓN: SODES LENDA! GRAZAS




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.