07/05/2013

Reto conseguido. En directo, TVG2

A loita polo título de Primeira División terá como testemuñas as cámaras da Televisión de Galicia.
Reto conseguido. En directo, TVG2



A canle autonómica galega retransmitirá en directo, na TVG2, o CD Burela FS Pescados Rubén versus Atlético de Madrid Navalcarnero. En consecuencia, o horario deste espectacular encontro foi modificado para as 20.00 horas, sábado día 11 en Vista Alegre. Tamén se poderá seguir en directo vía internet en www.crtvg.es.

 

Unha vez máis, o CD Burela FS Pescados Rubén agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.

 

A entidade laranxa agradece tamén o compromiso co deporte feminino, a súa disponibilidade e comprensión ao Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, sen a súa colaboración non sería factible.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.