06/05/2013

En directo, na web da Televisión de Galicia

A gran final para a conquista do título de Primeira División, entre CD Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero, será retransmitida en directo vía internet, a través da web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es ).
En directo, na web da Televisión de Galicia

O duelo entre galegas e madrileñas dispútase o sábado día 11, ás 18.00 horas, nun Vista Alegre que apoiará incondicionalmente ás súas cazadoras de soños na súa loita polo título.



O CD Burela FS agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.