02/05/2013

Vista Alegre despedirá a estrea laranxa en Primeira coa visita do suízo Futsal Minerva

Vista Alegre despedirá a estrea laranxa en Primeira coa visita do suízo Futsal Minerva

O desenlace da estrea do Burela FS Pescados Rubén en Primeira División LNFS, despois de festexar a permanencia para seguir gozando da máxima categoría, precipitouse pola exclusión do Puertollano FS da competición por parte da RFEF. No entanto, Vista Alegre terá a merecida despedida da histórica  tempada laranxa 2012-13, aínda que non sexa en liga regular, coa visita do Futsal Minerva de Berna, campión da Premier League suíza por segundo ano consecutivo. O amigable está fixado para o vindeiro xoves, 9 de maio, ás 20.00 horas.


Dende o Burela FS, o director xeral, José Luis Sáez, trasladou o seu pesar pola noticia da exclusión do Puertollano, que xa fora sancionado na clasificación en dúas ocasións por impagos arbitrais: “É triste pero nin o fútbol sala nin ningún outro deporte son alleos á grave crise económica na que está inmerso o país. Estas medidas reafirman o traballo da LNFS para salvagardar a perdurabilidade da competición; o presuposto de gastos de calquera club ten que adaptarse ao volume real ingresos” explicou o burelista.


Neste sentido tamén coincidiu o técnico laranxa, Juanlu, puntualizando sobre unha situación que non era nada inesperada e apenado por non poder cerrar a liga na bomboneira: “Desde agosto era un segredo a voces que o Puertollano non estaba en condicións de saír a competir. Para o Burela FS realmente é unha pena non despedir a liga ante a súa afección, porque sería un partido bonito para a grada, aínda que persoalmente eu non me sentiría moi cómodo xogándoo. Nós teriamos a obriga de saír a gañar e respiraríase un pouco a sensación de ser verdugos dun grupo de profesionais que se partiron o peito polo equipo e que non teñen a culpa dos obstáculos do club” confesou o adestrador, que ve no amigable da próxima unha certa compensación para poder clausurar o exercicio coa afección: “Cerro a tempada moi satisfeito con estes meses en Burela; a única espiña que teño cravada é non brindar a vitoria para Vista Alegre”.


Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.