22/04/2013

O Cadete A, campión comarcal

O Cadete A, campión comarcal

O Cadete A do Burela FS Pescados Rubén alzouse co título no Campionato Comarcal de Deporte Escolar o sábado en Foz. Este triunfo outórgalle o billete para competir no Provincial a partir do 27 de abril, xunto aos dous equipos infantís da ED EON Burela FS, xa clasificados.



O Cadete A venceu con contundencia na final á ED Lourenzá Mondoñedo (8-0) despois de impoñerse nas semifinais en duelo con denominación de orixe laranxa, fronte ao Cadete B (5-0). Estoutro representante burelista fíxose coa terceira praza sobre o ACD Xove (6-2). O ED EON Alevín A tamén rematou no podio; despois dunha axustada derrota ante o ED Lourenzá (2-3), alzouse coa terceira praza sobre ACD Xove (2-1).



No inicio da Copa Xuvenil, o derbi lucense quedou na Mariña, con 3-1 dos laranxas sobre os transportistas. O Cidade de Narón, o domingo 28, será o segundo e último obstáculo para os pupilos de Lucas no acceso ás semifinais.



En Autonómica, o triplo enfrontamento ante a EDM Guiritiz tivo resultados dispares; os xuvenís burelistas impuxéronse por 5-3, para os cadetes o envite quedou en táboas (3-3) e os infantís viviron un rifadísimo 1-2.




Copa Liga Naciona Xuvenil



Burela FS 3-1 Azkar Lugo FS



 



Liga Autonómica Xuvenil



Burela FS 5-3 EDM Guitiriz



 



Liga Autonómica Cadete



Burela FS 3-3 EDM Guitiriz



 



Liga Autonómica Infantil



ED EON Burela FS 1-2 EDM Guitiriz



 



Campionato Comarcal-Deporte Escolar



ED EON Burela FS Alevín A 2-3 ED Lourenzá Alevín (Semifinal)



ED EON Burela FS Alevín A 2-1 ACD Xove Alevín (Terceiro e cuarto posto)



Burela FS Cadete A 5-0 Burela FS Cadete B (Semifinal)



Burela FS Cadete B 6-2 ACD Xove Cadete (Terceiro e cuarto posto)



Burela FS Cadete A 8-0 ED Lourenzá Mondoñedo (Final)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.