22/04/2013

Tropezo laranxa na recta final

Tropezo laranxa na recta final

O Burela FS Pescados Rubén B caeu na pista do Vilalba FS o sábado, a pesar de marcar o ritmo no marcador durante toda a primeira parte (5-3). Este pequeno tropezo relega os mariñáns da segunda á cuarta praza (55 puntos) tras os acertos dos rivais directos, Pazos de Borbén (58) e Ventorrillo (56), ante Leis (4-3) e Cafyd (6-4) respectivamente.



A pesar de non mostrar o mellor nivel defensivo, o cadro burelista púxose axiña por diante, con 0-2, de Bruno e Fabio, xa no minuto 9. O que parecía un encontro cómodo igualouse no electrónico en tan só dous minutos, por fallos na defensa laranxa, de Óscar e Iago (12 e 13). Con 2-2, o Burela FS foi quen de provocar de novo perigo en ataque e así chegou o 2-3 de Fabio, no 18.



A lixeira vantaxe da primeira parte non foi suficiente para os laranxas, que aínda que crearon ocasións tamén deron moitas facilidades en defensa e iso aproveitouno o Vilalba FS para poñerse por diante, con goles de Óscar (24) e Joel (32). A do sábado non era a tarde para os de Lucas, que non conseguiron ver con éxito a portería rival coa inferioridade do Vilalba, no 35. A falta de tres minutos, o xogo de cinco saltou da banda burelista, con consecuencias adversas, co 5-3 definitivo, de Aitor.



Despedida



Os pupilos de Lucas despedirán a súa primeira tempada en Terceira o sábado, pelexando por rematar entre os privilexiados da zona alta, con derbi comarcal no pavillón Monte Castelo de Burela. Os burelistas recibirán a A Fuga Xove FS ás 18.00 horas (horario unificado).



Ficha técnica



Vilalba  FS:  Manuel, Iago, Joel,Rodrigo e Óscar. Tamén xogaron Aitor, Agustín, Luis e Ismael



Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Antón, Manuel e Keko. Tamén xogaron Souka,  Hélder e Fabio



Goles:  0-1, minuto 6, Bruno; 0-2, minuto 9, Fabio;  1-2, minuto 12, Óscar; 2-2, minuto 13, Iago; 2-3, minuto 18, Fabio; 3-3, minuto 24, Óscar; 4-3, minuto 32, Joel; 5-3, minuto 38, Aitor



Árbitros:  Cardero Rodríguez, Vázquez Castellanos

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.