18/04/2013

Recta final para Autonómica e primeiros pasos para Deporte Escolar e Copa Xuvenil

Recta final para Autonómica e primeiros pasos para Deporte Escolar e Copa Xuvenil

As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén diversifican competicións esta fin de semana en fases moi diferentes.



Xuvenís, cadetes e infantís afrontan a recta final de Autonómica con tripla cita ante a EDM Guitiriz; o pavillón da Veiga (San Cibrao) acollerá os encontros o domingo, por coincidir un torneo de ximnasia rítmica en Vista Alegre.



Dando os primeiros pasos, cadetes e alevíns desprazaranse ata Foz nunha nova fase de Deporte Escolar, para disputar a final do Campionato Comarcal, o sábado pola mañá. Tamén comezarán unha nova etapa os xuvenís,  que estrearán a Copa Liga Nacional coa visita do Azkar Lugo, o domingo, no pavillón Monte Castelo.




Copa Liga Naciona Xuvenil



Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 21 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela



Liga Autonómica Xuvenil



Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 18.40 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao



Liga Autonómica Cadete



Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 17.00 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao



Liga Autonómica Infantil



ED EON Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao



Campionato Comarcal-Deporte Escolar



ED EON Burela FS Alevín A-ED Lourenzá Alevín (Semifinal)
Sábado 20 de abril, ás 10.50 horas, no pavillón do Colexio do Pilar de Foz



Burela FS Cadete A-Burela FS Cadete B (Semifinal)
Sábado 20 de abril, ás 10.50 horas, no pavillón de Marzán de Foz

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.