18/04/2013

O Burela FS estrea a Copa Xuvenil con visita do Azkar

O Burela FS estrea a Copa Xuvenil con visita do Azkar

O derbi provincial entre transportistas e laranxas non só se verá esta fin de semana en Primeira División. O Burela FS Pescados Rubén estreará o periplo da Copa de Liga Nacional Xuvenil coa visita do Azkar Lugo, o domingo, ás 12.00 horas (Monte Castelo).



Despois da presentación de renuncia dalgún equipo, a Federación Galega de Fútbol aprobou en reunión o martes pasado un formato competicional configurado por dous grupos. Xunto aos laranxas e aos lugueses, segundos e primeiros na liga respectivamente, no Norte tamén estará Cidade de Narón; o Sur integrarano Noia FS, Santiago Futsal e AD Bueu.



A primeira fase, que arrancará este domingo, prolongarase ata o 5 de maio, con tres xornadas a unha soa volta. Despois de Azkar, o 28 de abril os pupilos de Lucas visitarán a pista do Cidade de Narón e descansarán o 5 de maio. Ás semifinais, entre o 12 e o 26 de maio, accederán os dous primeiros de cada grupo (1º Grupo Norte-2º Grupo Sur e 1º Grupo Sur-2º Grupo Norte) en eliminatoria de dobre volta e coa pista do segundo clasificado como sede do primeiro encontro. O 1 de xuño disputarase a gran final, coa sede a determinar pola FGF.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.