17/04/2013

Cadetes e alevíns, rumbo á final do Campionato Comarcal (Foz, sábado 20)

Cadetes e alevíns, rumbo á final do Campionato Comarcal (Foz, sábado 20)

A base do Burela FS Pescados Rubén contará coa presenza de tres equipos, nas categorías cadete e alevín, na final do Campionato Comarcal de Deporte Escolar que se disputará o vindeiro sábado, 20 de abril, en Foz.



A dobre representación laranxa cadete, como campión no Grupo B e subcampión no Grupo A, atoparanse en semifinais ás 10.50 horas, no pavillón de Marzán. Antes, ás 10.00, enfrontaranse Lourenzá Mondoñedo e ACD Xove. 



O alevín burelista xogará no pavillón do Pilar e, como campión do Grupo B, verase as caras co ED Lourenzá tamén ás 10.50 horas. Ás 10.00, protagonizarán a primeira semifinal Santiago de Foz A e ACD Xove.



A loita polo terceiro e cuarto posto en ambas as categorías e nos seus respectivos pavillóns está prevista para as 11.40. Ás 12.30 horas, os gañadores mediranse na final.



O Colexio do Pilar acollerá a entrega de trofeos ás 13.30 horas.



Campionato Provincial



No caso de que o alevín quede entre os dous primeiros clasificados na rolda da Mariña, accederá ao Campionato Provincial. Como subcampión entraría na fase previa o 27 de abril para medirse ao segundo de Lugo e como campión gañaría o billete para cuartos, o 4 de maio, para pelexar co Val de Lemos, coas sedes aínda por determinar.



Na categoría cadete, tamén poderán plantarse no provincial os dous primeiros, co calendario pendente de confirmación.



Os dous equipos infantís laranxas, que se alzaron coas dúas primeiras prazas da liga estruturada nun só grupo, xa teñen garantida a presenza na competición provincial. O Infantil A disputará a previa e o Infantil B coarase en cuartos; mediranse a segundo e primeiro de Val de Lemos, respectivamente.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.