13/04/2013

Derbi galego con sabor mariñano

O Burela Pescados Rubén conquistou o derbi galego no Multiusos Fontes do Sar tras derrotar ao Santiago Futsal por 1-2, nun duelo trepidante e con grandes doses de emoción. Con esta vitoria, a escuadra dirixida por Juanlu acariña a permanenc
Derbi galego con sabor mariñano

O derbi transcorreu polo guión previsto, alta intensidade en ambos conxuntos que manexaron mellor a faceta defensiva que a ofensiva. O primeiro tanto presaxiabase fundamental para o devir do choque e tras un primeiro periodo sen goles, o estilete laranxa comezou a declinar o derbi. Matamoros acudiu á súa cita co gol, décimo na súa conta particular, no minuto 23 de xogo. Nesta ocasión aproveitou unha indecisión de Barrón tras saque en longo de Edu, para peitear o esférico e establecer o 0-1 que encheu de xúbilo á numerosa afección burelesa.



Co 0-1, os mariñanos gañaron autoridade no xogo pero Raúl Campos logrou o empate, minuto 26, tras lanzar unha falta directa espectacular ante a que Edu non puido facer nada. Acto seguido, foi o Burela Pescados Rubén o encargado de golpear por mediación de Cesinha, tras xogada de estratexia, que logrou o 1-2. Ambos equipos mantiveron o alto voltaxe do partido e a cinco para o final, o Santiago Futsal apostou polo porteiro-xogador que tanto froitos lle dá. Nesta ocasión, os laranxas lograron defender a súa renda para conquistar o derbi e a permanencia virtual.




Ficha técnica




Santiago Futsal: Barrón, David, Lucho, Barroso y Quintela –cinco inicial- Jorge, Eloy Rojas, Alan Brandi, Raúl Campos e Hamza.




Burela Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Isi, Matamoros – cinco inicial- Enrique, Christian, Hugo, Juanma e Cesinha.




Goles: 0-1, m.23, Matamoros; 1-1, m.26, Raúl Campos; 1-2, m.27, Cesinha.




Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez.




 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.