12/04/2013

Festa galega do fútbol sala

O pabellón Multiusos Fontes do Sar acolle a festa galega do fútbol sala entre o Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén, sábado día 13, a partir das 18.00 horas.
Festa galega do fútbol sala

O feudo santiagués estrea derbi na Primeira División LNFS, un duelo que xerou enorme expectación entre a afección laranxa. Ao redor de 200 afeccionados desprázanse a Compostela, entre a viaxe organizada pola Peña A Pataca Naranxa que disporá de 2 autobuses e os afeccionados que acudirán pola súa conta.



O Burela Pescados Rubén quere degustar a vitoria dun derbi no seu estreo na máxima categoría e para iso os pupilos de Juanlu deben superar a un Santiago Futsal que está realizando unha excelente tempada, quinto clasificado con 40 puntos. A intensidade e emoción está asegurada, tanto na pista como na grada,. Santiago Futsal quere consolidar a súa praza para os play off e os bureleses achegarse á permanencia matemática. Na grada tamén se vivirá un duelo amigable, ambas afeccións ofrecerán o seu particular e espectacular duelo de cánticos para ensalzar un derbi anhelado durante anos.




Convocatoria: Edu, Iago Barro, Enrique, Iago Míguez, Isi, Mimi, Juanma, Matamoros, Cesinha, Christian, Juanma, Hugo e Fabio Sequeiros. Nacho Pedraza é baixa por lesión.



Máis derbi. Na próxima xornada, o Burela Pescados Rubén recibe en Vista Alegre ao Azkar Lugo, encontro que se disputa o sábado día 20, a partir das 13.00 horas, e que será retransmitido por Marca TV.




 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.