06/04/2013

Demasiados castigo para os laranxas (1-4)

Demasiados castigo para os laranxas (1-4)

O Burela FS Pescados Rubén non puido brindar esta tarde a ansiada vitoria á súa afección para completar o voo da etapa Juanlu. Os laranxas recibiron un castigo excesivo na visita do Ribera Navarra FS a Vista Alegre, con 1-4 , un encontro que recibiu o descanso con táboas (1-1) e que viviu unha vibrante segunda parte, con méritos notables dos mariñáns para a remontada.



A pesar o aviso do Río Renovables xa no primeiro minuto, co oportuno despexe de Cesinha ante Carlos Anós, o Burela FS Pescados Rubén quixo apropiarse do balón e do perigo; Iago Míguez protagonizou o primeiro asedio, antes de cumprirse o minuto 2, de lonxe cun dardo envelenado, raso e lixeiramente desviado. No 4 Juanma, só ante Molina, chegou un pouco tarde ao pase de Mimi e, no 6, con Christian volveu o nerviosismo á área navarra, desde saque de banda de Mimi. Foi entón cando o Ribera reactivou o seu ataque; volveu avisar cunha rapidísima xogada de Andresito, no 8, sobre Edu, e materializou no 9, con proxectil pola escuadra de Charlie (0-1). Con 5 faltas xa no ecuador da primeira parte, os burelistas seguiron buscando a meta contraria. Tras unha batería de tentativas locais, Matamoros asinou o empate a 45 segundos para o final, de dobre penalti, logo dunha falta de Rubi sobre Isi.



Os laranxas regresaron convencidos de ir a polo partido; así o primeiro minuto puxeron en apertos a Molina nun par de ocasións. Pero foron os de Tudela os primeiros en perforar a meta contraria; no 23, Andresito batía a Edu tras pase de Charlie. Con 1-2, as oportunas saídas do gardameta naronés frearon a embestidas rivais. Os de Juanlu non desistiron na remontada, incrementando a súa intensidade en ataque. As oportunidades de Cesinha, no 25, que a punto estivo de colocarse só ante Molina nun pase longo, e Juanma, no 28, de disparo exterior, foron un tímido aviso do verdadeiro asedio laranxa sobre a portería de Molina. En torno ao minuto 30, Iago Míguez dispuxo de dúas magníficas oportunidades, primeiro en galopada á contra e despois ao recoller un rexeitamento de Molina ante Matamoros que finalmente salvou Lolo. Iago e Mata volveron gozar de senllas ocasións no 31. No 33, o pichichi laranxa estrelou un mísil contra o pau, tras o axexo de Juanma que repeleu Molina. Dous minutos máis tarde, Vista Alegre a punto estivo de enfurecer cantando o gol de Isi, un gol que nunca superou a liña de meta grazas á outra aparición de Lolo. Cando máis méritos estaba facendo o Burela FS Pescados Rubén chegou o 1-3, ao executar Nano un penalti, tras a amonestación de Edu sobre David (minuto 36). Os locais reaccionaron con xogo de cinco, encabezado por Mimi; Juanma, aos poucos segundos, e Mata, no 38, tiveron nas súas zapatillas o maior perigo. O 1-4 definitivo subiu ao electrónico, a 41 segundos para o final, a porta baleira, de Rubi.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.