05/04/2013

Na loita pola segunda praza de Terceira

Na loita pola segunda praza de Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B segue coa segunda praza no punto de mira. A falta de catro xornadas e despois de impoñerse ao Pazos de Borbén (4-1) antes de Semana Santa, os laranxas continúan con opcións de agarrarse ao seu obxectivo. Con 49 puntos no seu baúl e en cuarta posición, terán oportunidade este sábado, en derbi comarcal, na pista do Rececende Superti-A Pontenova (19.00 horas).


 


Xunto aos mariñáns, tamén anhelan o segundo posto A Fuga Xove (3º) e Pazos de Borbén (5º), empatados cos laranxas e que se medirán a Eypar e Cidade de Viveiro, no fondo da táboa.


 


No partido da primeira volta os tres puntos foron para os laranxas, con 5-1.


 


Recta final. Os pupilos de Lucas porán o broche ao debut en Terceira con Vigo IES Coruxo (13 de abril), sexto; Vilalba (día 20) e A Fuga Xove FS (27), rival directo en duelo directo presumiblemente.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.