06/03/2013

Galicia Sub-23 en Vista Alegre (xoves 7, 19.30 horas)

Galicia Sub-23 en Vista Alegre (xoves 7, 19.30 horas)

Con rumbo á final do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, Galicia fará unha paradiña mañá en Burela para compartir pista co equipo laranxa (Vista Alegre); a partir das 19.30 horas, ambas as escuadras disputarán un amigable aberto ao público. A selección irmandiña, con Lidia Mesías e Lara Balseiro xa nas súas filas, partirá cara a San Lorenzo del Escorial o venres pola mañá dende A Mariña. Pelexará polo título con Madrid, nas semifinais (sábado 9, 12.00 horas), no pavillón Zaburdón; antes tamén se disputarán praza para a gran cita Castela A Mancha e Valencia (10.00). A final está prevista para o domingo 10, ás 11.00 horas



Tamén terán compromisoso co combinado galego durante esta fin de semana Paula Cortiñas, con Sub-17 (sábado 9, O Milladoiro, 17.00 horas) e Noé Cabana, reclamado para participar na concentración de Galicia Infantil en Sada, entre o venres e o sábado.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.