Meritoria segunda parte dos laranxas ante o campión de España (2--7)
Vista Alegre viviu esta tarde un espectáculo dentro e fóra da pista. Con cheo histórico nas bancadas, o Burela FS Pescados Rubén de Juanlu apuntou maneiras ante o intratable FC Barcelona FS Alusport (2-7), nunha cita na que os locais foron de menos a máis, cunha meritoria segunda parte na que puideron xerar perigo e mitigar o tsunami do líder.
O tres veces campión da Copa de España chegou a Burela para non especular. Coa serenidade dos grandes conseguiu colocarse 0-2 xa antes de cumprirse o minuto 3 de xogo, con dobrete de Wilde, nun rexeitamento (minuto 1) e ao revolverse dentro da área laranxa (minuto 2). Esta desvantaxe pesoulles en exceso aos burelistas, moi cautos en ataque e con certos desaxustes comunicativos. Edu tivo a portería moi activa; no 13, puido desbaratar unha grande ocasión dos blaugranas, pero poucos segundos despois Fernandao anotou o 0-3, aproveitando un saque de esquina na área laranxa, si entendemento entre os burelistas; o 0-4, un minuto máis tardes, chegou tamén desde a esquina, empuxando Eric Martel ao segundo pau. Co paso dos minutos os mariñáns puideron achegarse á meta de Cristian, aínda que con imprecisións. As ocasións máis claras para os burelistas protagonizounas o viveirense Christian, pola banda, nos minutos 10 e 17. No 18, os cataláns subiron o 0-5 cun un dobre penalti de Sergio Lozano, ante o que Edu non puido facer nada.
O descanso proporcionoulle ao Burela FS Pescados Rubén aire fresco, ideas, garra e intensidade. Con máis perigo, avisou Iago Míguez no 22, cun mísil que superou a Cristian pero interpúxose o pau, e despois Cesinha. Foi precisamente o brasileiro o que asistiu ao burelés un minuto máis tarde para subir o 1-5 ao electrónico. Máis acertados en ataque, os mariñáns adiantaron as súas filas, incluso provocando certos erros dos barceloneses. Non obstante, a perfección visitante volveu deixar pegada, tras un saque de esquina no que Wilde cedeu o balón a Torras para marcar o 1-6 por encima de Edu (minuto 26). Os burelistas lanzáronse a por un novo gol; as tentativas de Hugo e Iago Míguez, roldando o ecuador, desencadearon na pegada de Matamoros, cunha belísima volea tras saque de esquina. Era o 2-6 e os galegos estaban máis enchufados que ca; puideron reducir distancias no 30, nunha serie de rexeitamentos nos que o esférico se desesperou contra os paus e entón chegou de novo o toque goleador do Barcelona, con 2-7 (minuto 33) de Gabriel nunha xogada de estratexia, tras falta ao bordo da área local. Na recta final a defensa laranxa e Edu conseguiron frear a avalancha blaugrana con Fernandao como artillería en primeira liña.
Homenaxe ao deportivista Fran. A cita de Vista Alegre contou cun invitado de luxo nas gradas, o exdeportivista internacional Fran González, que foi nomeado socio de honor do club laranxa e realizou o saque de honor do encontro.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Juanma e Matamoros, cinco inicial; tamén xogaron Hugo, Cesinha, Isi, Christian
FC Barcelona Alusport: Cristian, Wilde, Aicardo, Torras e Lin, cinco inicial; tamén xogaron Fernandao, Gabriel, Sergio Lozano, Saad, Eric Martel, Tolrá
Goles: 0-1, minuto 1, Wilde; 0-2, minuto 2, Wilde; 0-3, minuto 13, Fernandao; 0-4, minuto 14, Eric Martel; 0-5, minuto 18, Sergio Lozano (d.p.), 1-5, minuto 23, Iago Míguez; 1-6, minuto 26, Torras; 2-6, minuto 29, Matamoros; 2-7, minuto 33, Gabriel
Árbitros: Carlos del Pozo e Abel López (Madrid)
Tarjetas: Por Burela FS a Cesinha (minuto 8), Mimi (minuto 13), Iago Míguez (36)
Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada de Primeira División, en Vista Alegre; realizou o saque de honra o ex-futbolista internacional do RC Deportivo de La Coruña, Fran González. Máis de 1400 espectadores, venda de entradas esgotada.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas