01/03/2013

Leis Pontevedra, no punto de mira dos laranxas

Leis Pontevedra, no punto de mira dos laranxas

Os laranxas continúan coa mirada fixa na segunda praza. O obxectivo da 23ª xornada de Terceira estará na pista do Leis Pontevedra, noveno clasificado (35 puntos). O Burela FS Pescados Rubén B (42 puntos) intentará darlle continuidade ao ronsel positivo de resultados mañá, a partir das 17.00 horas, para seguir pelexando pola escalada no podio.


“Estamos nun bo momento e temos que aproveitalo se queremos seguir loitando pola segunda praza” aseguraba Lucas do seu equipo, que suma as catro últimas citas sen coñecer a derrota. O técnico laranxa identificou a experiencia como a gran arma do rival, que vén de dar a sorpresa a domicilio ante o líder, O Esteo (1-4): “É un equipo moi serio, que sabe facer as cousas ben. A experiencia de Honra de Raúl Jiménez deixa pegada. Na primeira volta xa nos custou moito; xogando na casa tan só puidemos acceder ao empate 2-2” analizaba Lucas.


Manu e Aarón, que continúan recuperándose de senllas escordaduras de nocello, serán as únicas baixas dos mariñáns.


Dende a segunda praza, o Pazos de Borbén (43) recibirá o Eypar, na penúltima posición. Perseguindo o podio, Ventorrillo (41) mídese a 5Coruña FS (7º, 37) e A Fuga Xove (40) visita o IES Coruxo (6º, 38).


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.