23/02/2013

Proba superada

O Burela FS Pescados Rubén venceu (1-4) con autoridade na complicada pista do Soto do Real e mantén o coliderato co Atlético de Madrid Navalcarnero, que sufriu un serio correctivo nesta cancha.
Proba superada
A escuadra dirixida por Javier Pardeiro manexou o partido con solvencia e intelixencia ante a defensa zonal proposta polo conxunto madrileño. Peque iniciou a conquista cun gol, no minuto 2, que silenciou o pavillón madrileño, desactivando a intensidade local. As galegas alternaron a presión alta e a defensa en media pista sorprendendo a un Soto do Real que se quedou sen argumentos ofensivos. Por contra, o Burela Pescados Rubén xeraba claras ocasiones pero ata o minuto 15 non chegou o 0-2. Lidia fusilou a meta local, tras unha xogada de estratexia, danando seriamente a esperanza madrileña e dando paso a un festival laranxa de ocasións que certificaron Lucía e Dany, ambos tras pase de Peque, co terceiro e cuarto tanto respectivamente. Co 0-4 chegouse ao descanso e na continuación, agás algúns momentos de coraxe local, o Burela Pescados Rubén xestionou o xogo á perfección e gozou de ocasións para aumentar a súa cómoda renda, aínda que sen acerto na definición. A cinco minutos para o final, o Soto puxo en liza o xogo de cinco e no primeiro intento case recibe o quinto tras un disparo de Jozi que se estrelou no traveseiro. A dous minutos do final, chegou o tanto da honra local por mediación de Laura e co 1-4 chegouse ao desenlace dun gran partido da burelesas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.