22/02/2013

O líder laranxa desafía a solidez da pista sotorrealeña

O líder laranxa desafía a solidez da pista sotorrealeña

O Burela FS Pescados Rubén custodiará a primeira praza da máxima categoría na sólida pista do Soto do Real, oitavo (27 puntos), este sábado ás 18.00 horas.


“É unha das pistas máis complicadas. A súa resolución na casa é das mellores da categoría, con Navalcarnero e nós mesmas” dixo Lucía Nespereira, encomiando os números das locais no seu parapeto, con 6 vitorias, 1 empate e tan só as derrotas ante Lacturale (2-4) e Alicante (3-6). O 15 laranxa cualificó o compromiso de “cita clave” para os intereses burelistas: “Será un partido duro porque os dous nos xogamos moito. Nós non podemos deixar máis puntos polo camiño na loita polo título e elas necesitan a vitoria para asentarse en postos de Copa” explicou a peche laranxa.


A expedición mariñá viaxa coas dúbidas de Dolo, que aínda que adestrou onte aínda presenta certas molestias da sobrecarga lumbar, e Haydee, que tamén realizou a última sesión, chega minguada por unha tendinite de pata de ganso. “As noticias son mellores do que se esperaba; tal e como comezamos a semana, chegamos bastante ben” puntualizou con optimismo a ourensá.


Para o técnico sotorrealeño, Iván Igea, “Burela FS é un dos máis claros aspirantes ao título, que destaca pola súa presión asfixiante e incansable durante os corenta minutos”. “Independentemente do resultado, nós teremos que ser moi precisas na circulación e incisivas de cara á porta” dixo Igea. Segundo a información facilitada desde o club madrileño, Anita será baixa.


A cita de Vista Alegre subiu á cuadrícula galega, con 2-1.


Outras citas da 20ª xornada


Navalcarnero, empatado a puntos coas laranxas (42), visitará a pista do pechacancelas, Centelles (3 puntos). Ciudad de Alcorcón (40) tamén terá un enfrontamento máis accesible que as mariñás, para defender a terceira praza, recibindo a La Rioja (13º, 14 puntos).


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.