09/02/2013

O Burela B logra a vitoria (4-1) ante o Ribeira de Piquín

O Burela B logra a vitoria (4-1) ante o Ribeira de Piquín

O Burela B impúxose ao Ribeira de Piquín por 4-1 nun duelo que se decidiu no tramo final. O conxunto dirixido por Iván Cao logrou plasmar a súa superioridade tras unha primeira parte intensa e igualada aínda que con demasiadas imprecisions por ambos conxuntos. Na segunda parte, o conxunto laranxa logrou aumentar o ritmo e os visitantes sufrían para manter a súa portería a cero. As ocasións comezaron a xurdir con claridade e Souka foi o encargado de abrir o marcador, minuto 32, dando paso a un intercambio de goles en propia meta, reflexando un momentáneo 2-1 no electrónico a seis minutos para o final. O Burela afrontou con solvencia o tramo decisivo e Antón e Fabio selaron un triunfo merecido para o Burela B.



 



Ficha técnica



Burela B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Carlos e Keko - cinco inicial - Souka, Xoia, Helder e Antón.



Ribeira de Piquin: Daniel, César, Solla, Daniel Rodriguez e Ismael –cinco inicial - Ángel, Sebastian, Quini, Enrique e Miguilla.



Árbitros: Efrén Alvarez e Carlos Suárez



Goles: 1-0, m.32, Souka; 2-0, m.33, Ismael (p.p); 2-1, m.34, Keko (p.p); 3-1, m.38, Antón; 4-1, m. 39, Fabio.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.