04/02/2013

Golpe de autoridade ante o líder de Terceira

Golpe de autoridade ante o líder de Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B conseguiu tres valiosísimos puntos esta fin de semana dando un golpe de autoridade na casa ante o intratable líder de Terceira, O Esteo (4-1). Os laranxas souberon frear a experiencia do gran favorito da categoría con seriedade en defensa e fluidez en ataque.



Vista Alegre presenciou unha primeira parte moi igualada, na que os de Lucas ofreceron unha gran concentración, creando continuo perigo sobre a meta visitante. No último minuto antes do descanso, chegou a vantaxe para os da Mariña, ao aproveitar Bruno un balón dentro da área, tras varios rexeitamentos.



No segundo período, as primeiras ocasións caeron do lado do Esteo, que bateron na inspiración de Brais, moi oportuno durante todo o encontro. O Burela FS volveu atopar a portería rival no 29, despois dunha boa xogada colectiva, revulsivo co que o esférico adquiriu gran velocidade nos pés laranxas, e chegou o 3-0, outra vez de Fabio. Nos últimos cinco minutos, o líder de Terceira recorreu ao porteiro xogador, cunha boa resposta burelista que tan só puido desartellar Héctor, no minuto 38 (3-1). Na recta final, Keko puxo a guinda (4-1), xogando O Esteo sen porteiro.



Ficha técnica



Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Carlos e Keko. Tamén xogaron  Antón, Souka  e Hélder.



O Esteo FS: Choto, Gerardo, Pellón, Fran e Rubén. Tamén xogaron David, Iván e Héctor.



Goles: 1-0, minuto 19, Bruno de Nois; 2-0, minuto 29, Fabio; 3-0, minuto 35, Fabio; 3-1, minuto 38, Héctor; 4-1, minuto 39, Keko.



Árbitros: Saa Mateos e Franco Veiga.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.