28/01/2013

A Mariña Cadete, subcampioa galega con gol laranxa

A Mariña Cadete, subcampioa galega con gol laranxa

Aarón, Jorge, Christian, Adrián Riveiro, Javi, Mamadou, Adrián Sanjurjo, Álex García, Renato e Borja, do Burela FS Pescados Rubén; Pablo, da ACD Xove; e Cora, do Cidade de Viveiro. Son os integrantes e protagonistas da selección cadete da Mariña que onte se proclamou subcampioa galega no emocionante torneo celebrado en Santiago de Compostela. O combinado mariñán, dirixido polo técnico viveirense Quico Otero, venceu por 2-0 a Vigo en semifinais e no partido polo título cedeu ante as promesas da Coruña (6-3).

Na súa estrea na fase final os mariñáns apearon o rival olívico cun triunfo obrado a partir dunha defensa infranqueable e o acerto goleador dos laranxas Jorge e Renato. Vigo non atopou o xeito de meter man á xeración de ouro da Mariña, pero si A Coruña, verdugo de Santiago nas semifinais (5-2). Os herculinos, moi veloces e efectivos nos contragolpes, chegaron ao descanso cun clara vantaxe (3-0) que resultou determinante no desenlace do título. A selección da Mariña mostrouse moi superior tras o descanso e en moitas fases o seu dominio foi absoluto, pero de nada serviu o hat-trick do burelista Javi.

 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.