22/01/2013

Atractivos abonos de media tempada

Atractivos abonos de media tempada

Co comezo da segunda volta tanto na Primeira División LNFS coma na RFEF, o CD Burela FS Pescados Rubén ofrece a posibilidade de adquirir abonos de media tempada, que estarán dispoñibles dende hoxe mesmo. Con atractivos prezos, a entidade laranxa dá continuidade á campaña Deixa que o espírito laranxa entre en ti!, presentada antes da estrea da histórica tempada do club mariñán.

Nas tarifas convencionais, de idade adulta, o Abono Simple poderá retirarse por 40 euros e o Abono Dúo por 70 euros; este último ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa o Abono 25, destinado a persoas entre os 19 e os 25 anos, custará tan só 20 euros; o Abono 18, de 14 a 18 anos, 10 euros, e o Abono de Xubilado 30 euros para presenciar os encontros sénior ata final de tempada.

Teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2012-13, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio; ás tarifas aplicaráselles o desconto de media tempada. Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.

Don Chuletón. Os socios/as laranxas 2012-13 poderán acceder a consumicións gratuítas na Parrillada Don Chuletón de Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 154), presentando tan só o carné de abonado.  www.hotelpalaciodecristal.es e www.cetareaburela.com.

Entradas. Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-18 anos) euros para presenciar os encontros de liga na Primeira Masculina e 5 euros (tan só aldultos/as) na Primeira Feminina.

 

PREZO DE MEDIA TEMPADA 12-13

Abono 18 (de 14 a 18 anos): 10 euros
Abono 25 (de 19 a 25 anos): 20 euros
Abono Simple (adult@): 40 euros
Abono Dúo (adult@): 70 euros
Abono Xubilado: 30 euros
De 0 a 13 anos: Gratuíto

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.