15/01/2013

O Burela FS declara transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique

O Burela FS declara transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique

O Burela FS Pescados Rubén declarou transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique. Esta mesma mañá a directiva laranxa comunicoulles a decisión; o club escoitará todas aquelas propostas que reciba polos xogadores para facilitar a súa saída do equipo mariñán.



O italo-brasileiro André Nogueira, de 25 anos, asinou co Burela FS en 2009-10 procedente do ASD Regalbuto, da Serie A2 italiana; o ala-peche disputou tres play offs a Primeira defendendo as cores laranxas. O ala-pivote Dani Martín (Salamanca, 1988) tamén recalou na costa de Lugo en 2009; tras o salto ao Carnicer Torrejón (2010-11) en 2011-12, regresou ás filas burelistas durante a primeira rolda da competición e finalizou a tempada co Azkar Lugo. Para o ala Hugo Sánchez (Lugo, 1989) e o peche Enrique Cánovas (Totana-Murcia, 1989), no entanto, esta é a primeira tempada no Burela FS;  chegaron á Mariña na estrea da elite con experiencia na máxima categoría, dende Marfil Santa Coloma e ElPozo Murcia, respectivamente.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.