14/01/2013

Volve o gol ao Burela FS B para impoñerse ao Carballiño (5-3)

Volve o gol ao Burela FS B para impoñerse ao Carballiño (5-3)

O Burela FS Pescados Rubén B recuperou o gol o sábado tras a seca de comezos de ano para volver á senda da vitoria e impoñerse por 5-3 ao Carballiño FS, no inicio da segunda volta de Terceira.



A escuadra de Iván Cao, Lucas, converteuse no dominador dos primeiros vinte minutos, cun bo xogo. Os laranxas presionaron ben en defensa e xeraron numerosas ocasións tras roubo do balón; en ataque non houbo erros que lamentar. Nunha tarde de acerto, Carlitos, que xa fora convocado para a cita previa de Primeira División, abriu o marcador aos 6 minutos, distancia que ampliou Fabio, no 14, e de novo Carlitos, no 17.



Na volta á pista, estreou a súa conta goleadora Manu de saque de esquina, no regreso ás filas laranxas, xa no minuto 21. Con vantaxe de 4-0, a relaxación dos burelistas beneficiou ao Carballiño, que conseguiu reducir a fenda no electrónico ata o 4-3 por erros na defensa dos da Mariña; Carlos apareceu no 23 e pouco despois aproveitouse Gus (24), que volveu perforar a meta local no 32. Nos últimos minutos, o Burela FS tivo que aplicarse para pór a salvo os tres puntos; a tranquilidade asinouna Carlitos de 38, subindo o definitivo 5-3.



Os de Lucas repetirán como locais o vindeiro sábado, recibindo en Vista Alegre ao Eypar Melide, no fondo da táboa, ás 16.30 horas.



 



Ficha técnica



Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Souka e Keko, no quinteto inicial; tamén  xogaron Erik, Carlos, Manu, Xoia, Hélder  e Pichi



O Carballiño FS: Antonio, Carlos, Álvaro, Aitor e Gus, no quinteto inicial; tamén xogaron  Diego, Javier, Daniel e Cristian                                                                                                       
Goles: 1-0, minuto 6, Carlitos; 2-0, minuto 14, Fabio; 3-0, minuto 17, Carlitos; 4-0, minuto 21, Manu; 4-1, minuto 23, Carlos; 4-2, minuto 24, Gus; 4-3, minuto 32, Gus; 5-3, minuto 38, Carlitos



Árbitros:   Rivas Fouz e Naray Álvarez

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.