28/11/2012

Lidia recibiu a ovación da súa terra na XXIV Gala do Deporte de Narón

Lidia recibiu a ovación da súa terra na XXIV Gala do Deporte de Narón

A laranxa Lidia Mesías gozou da ovación da súa terra o venres pasado na XXIV Gala do Deporte de Narón. A xogadora do Burela FS Pescados Rubén recibiu o galardón como Mención Especial pola súa internacionalidade das mans da edil de deportes, Natalia Hermida.



O Pazo da Cultura da localidade coruñesa acolleu un certame con 11 premios principais, por méritos, dedicación, traxectoria, mencións especiais…, e máis de 70 por especialidades. Entre todos eles tamén destacaron, ademais de Lidia, a arqueira olímpica Iria Grandal como Mellor Deportista 2012 e a Mención Especial ao xogador de baloncesto David Mouriz, pola súa participación nas Paralimpíadas de Londres.



 



Novo periplo con Galicia



A ala burelista xa está inmersa na preparación do Campionato de Seleccións Territoriais Sub-23, previsto para xaneiro, coa compañía doutra representante laranxa, Lara Balseiro. Tras o primeiro chamamento da semana pasada, Lidia e Lara volverán adestrar hoxe con Galicia; o pavillón compostelán Quiroga Palacios acollerá a sesión, ás 19.45 horas.



Completan a convocatoria de Manuel Castillo: Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas; Dolores Conde, Vanesa Sotelo e Ana Rivera, do Ponte Ourense; Claudia Martínez e Lucía Souto, do Poio; Erika González, Iria Vieiro e Sheila González, do Valdetires; Patricia Román, do Fisober; e Lucía Gómez, do Viaxes Amarelle. 



O combinado irmandiño disputará a fase previa entre o 11 e o 13 de xaneiro en Murcia, integrado no Grupo D, co anfitirón e Castela e León como rivais. O resto dos grupos estarán compostos por: Estremadura, Castela A Mancha e Aragón, no A; Cataluña, Comunidade Valencia e A Rioxa, no B; e Madrid, Cantabria e País Vasco, no C. Accederán ás semifinais os campións.



O traballo do Burela FS Pescados Rubén tampouco está pasando desapercibido para a selección galega noutras categorías: Carlos Valle, Carlitos, xa tivo a oportunidade de realizar varios adestramentos co combinado sub-19; os cadetes Renato Lopes e Jorge Pernas foron convocados para o domingo, ás 17.00 horas, no pavillón de Guitiriz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.