22/11/2012

Reunión coa comisión técnica de árbitros da FGF

Reunión coa comisión técnica de árbitros da FGF

A comisión técnica de árbitros da Federación Galega de Fútbol (FGF) reuniuse cos equipos masculino e feminino, e técnicos de todas as categorías, do CD Burela FS Pescados Rubén para explicar os cambios acontecidos no regulamento para este ano. Estiveron presentes por parte da FGF Jacinto Artigas Aller, como presidente da comisión, e Álvaro Cid Bragado, director técnico do CTGAFS.



Ademais de explicar os cambios máis importantes, os membros da comisión insistiron en que os adestradores “son fundamentais para a arbitraxe, xa que debemos axudarnos entre todos para unha maior flexibilidade”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.