26/10/2012

Derbi galego en terras asturianas

O primeiro Torneo Triangular de Castropol reunirá ao Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Varres, a partir das 19.00 horas
Derbi galego en terras asturianas
O conxunto burelense afronta este triangular minguado de efectivos, ás consabidas baixas de Edu e Juanma, recentemente operados, para este evento Xullo Delgado tampouco contará con Christian, Iago Míguez e Hugo que continúan co seu proceso de recuperación das súas respectivas lesións. Tampouco poderá tirar de canteira xa que o conxunto de Terceira División, dirixido por Iván Cao, tamén está limitado de xogadores debido a diversos contratempos e ten competición ligueira. A convocatoria para este compromiso é a seguinte: Iago Barro, Dani Martín, Enrique Cánovas, André, Mimi, Nacho Pedraza, Diego Suárez e Cesinha. O adestrador burelense espera continuar coa boa dinámica de traballo aínda que “tivemos que modificar un pouco a preparación xa que, por diversos motivos de lesións de maior e menor importancia, non foi posible dispor do persoal ao completo para traballar os obxectivos iniciais durante este parón. Incidimos en aspectos individuais, a nivel grupal traballamos pouco debido a esta diminución de efectivos”. Respecto da achega de Diego e Cesinha neste triangular indicou que “é unha boa toma de contacto para velos competir”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.