09/10/2012

Táboas no debut do Ribadeo FS (4-4) ante o FC Meigas

As mariñás tiveron que conformarse co empate, 4-4, despois de marcar o ritmo do encontro en todo momento.
Táboas no debut do Ribadeo FS (4-4) ante o FC Meigas

O infortunio nos minutos finais privou o equipo ribadense dunha merecida vitoria sobre o conxunto de Ames, FC Meigas, no debut da liga de Autonómca; as mariñás tiveron que conformarse co empate, 4-4, despois de marcar o ritmo do encontro en todo momento.



Os dous equipos saíron polo partido cun Ribadeo que presionaba moi arriba e un visitante que só creaba perigo a balón parado. Helena, aos 2 minutos, foi a encargada de materializar o primeiro gol da tempada para as locais. O Ribadeo insistía en non deixar xogar o seu rival e creaba numerosas ocasións para aumentar a diferenza, pero foi o FC Meigas o que conseguiu pór táboas no marcador por mediación de Andrea. Todo parecía pensar que se chegaría ao descanso con este resultado pero, a falta de 36 segundos, a mariñá Ana, xogadora destacada do partido, desfixo a igualdade co 2-1.



Na segunda metade, as de Martínez non se conformaron co resultado e seguiron presionando moi preto da portería contraria; así de novo Ana aos 6 minutos aumentou a diferenza facendo 3-1, que daba respiro ao intenso traballo das ribadenses. Pouco durou a alegría; aínda non transcorrera un minuto cando, nun descoido da zaga ribadense, Katia se presentou soa ante Antía e bateuna por alto na súa saída. Tiveron as de Ribadeo que tirar de novo do seu decoro e así no minuto 32, nunha boa combinación por banda entre Toñi e Ana, esta última puido asinar o seu primeiro hat-trick da tempada e subir o 4-2 ao luminoso. As de Ames atacaban con porteira xogadora, pero o seu xogo era ben contrarrestado polas de Ribadeo, que de novo dispuxeron de numerosas ocasións para sentenciar. A desilusión para as ribadenses chegou a falta de 3 minutos cando unha falta de Helena sacada pola visitante Katia foi desviada por Sabela descolocando a Antía. Era o 4-3, que metía nun aperto as de Martínez. O mazazo chegou no último minuto cando outro pase interior do equipo visitante foi desviado por unha local e se introduciu na portería.



As mariñás visitarán o vindeiro sábado o potente O Montiño-Concello de Mos (20.00 horas), segundo clasificado na pasada tempada e recentemente eliminado da Copa Galicia.



Ficha técnica



Ribadeo FS: Antía, Ana, Toñi, Elvira e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Eva, Sabela, Yoli e Arancha.
FC Meigas: Laura, María Rodríguez, Katia, Yaiza, Andrea, cinco inicial; tamén xogaron María Pérez, Raquel, Melisa e Débora.
Árbitros: José Abuín Arroxo e Elena Véres Ojea, da delegación de Lugo. Mostraron dobre cartón amarelo a Helena polo Ribadeo FS e polo CF Meigas amarelas a Laura, María Rodríguez, María Pérez, Yaiza, Raquel, Débora e vermella directa a María Pérez.
Goles: 1-0, Helena; 1-1, Andrea; 2-1, Ana; 3-1, Ana; 3-2, Katia; 4-2, Ana; 4-3, Katia; 4-4, Raquel

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.